Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Baixo cal jurisdição se situa a atividade ou os sites dun "sponsored top level domain" (caso do .gal) ?

aberta 1 respostas 72 vistas Lexislación
Ou dito doutro xeito: Está baixo a jurisdicción do estado espanhol o .gal e por tanto pode ser sometido ós requerimentos desse estado e a ICANN debe por tanto executar o que lhe sexa requerido pela Espanha?

O .gal é un "sponsored top level domain", o de "sponsored" quer dicir "patrocinado" no senso de que foi solicitado por alghén. No caso do .gal esse alghén ven sendo a Asociación Puntogal pero inda non atopei onde o diga claramente. Outro exemplo é o .cat, promovido pola Fundació puntCat.

Os "sponsored top level domain" diferencianse dos genericos "generic top level domains" en que os segundos fanse para cobrir unha demanda específica de tipo geral (.com, .edu...) e aparesceron cá internet mesma, mentras que os primeiros aparescen referidos a comunidades culturais e de lingua.

Tanto os generic como os sponsored están mantidos pola Internet Assigned Numbers Authority (IANA), que é unha subsecção da ICANN.

Moito me temo que esta é unha dessas preguntas que realmente son catro ou cinco.

1 Resposta

1
En teoría, baixo a xurisdición galega e española.

Na práctica, baixo a xurisdición do país no que se atope o servidor de nomes raíz para ese dominio de nivel superior (véxase o caso de bodog.com).  No caso de .gal, ese servidor está en Dortmund, Alemania: http://www.iana.org/domains/root/db/gal.html

-Ignacio Agulló
respondida por anónimo 20 de xan, 2016
1comentarios
comentado por o Flanaghan (1,880 puntos) 21 de xan, 2016
Obrigado por respostar, levo varios días (uns minutos cada día máis ben) procurando onde di eso nos sites da ICANN e IANNA e non dou atopado. Podes concretar onde dí que está baixo a xurisdición galega e espanhola?

Nin sequera entendo por que a ICANN reconhece a Asociación Puntogal para solicitar o TLD. Acredito que a resposta ás minhas preguntas está nalgures na documentacion do site da ICAA/IANA, so que inda non atopei esse algures..
Hospedado na nube de

...