Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Como puido Eduardo Barreiros montar unha fábrica de motores en Cuba, sendo éste un país comunista?

resolta 2 respostas 115 vistas Historia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Barreiros_%28automoci%C3%B3n%29

Por que cando en Espanhistan comezou a haber unha lexislación laboral máis estricta, éste decidiu ir a Cuba?

2 Respostas

1
A mellor resposta
Segundo o que pon en http://www.pruebas.pieldetoro.net/web/bricos/bricosdetal.php?brico_id=51 (Escrito por un descendente dun socio) antes de que Barreiros Diesel pasase a ser Chrysler España tiñan pechado un acordo de subministro de motores a Cuba, que quedou en nada por decisión de Chrysler seguindo as sancións dos EE.UU. e mesmo o seu irmán foi a Cuba a pedir desculpas persoalmente e poñendo a parir ós responsables de Chrysler.

Logo de 10 anos de non poder desenrolar motores (polo contrato con Chrysler), fundou Diesel Motores Industrias S. A. (DIMISA) que desenrolou uns motores modulares, que mandou a Lloyd´s Register para homologar; e xusto o goberno cubano tamén contactara con Lloyd´s para que lles dixesen quén podería desenrolar motores en Cuba.

Lloyd´s recomendou a Mercedes (descartada para non cabrear á RDA) Nissan e DIMISA; e nunha competición entre estas dúas gañou o motor de Barreiros... e por iso marchou para aló.
respondida por Anxo Sánchez (460 puntos) 25 de xan, 2016
seleccionada por manel 25 de xan, 2016
1
respondida por anónimo 24 de xan, 2016
2comentarios
comentado por manel (1,460 puntos) 24 de xan, 2016
Grazas pola resposta, mais eu estaba interesado non tanto polos detalles do acordo senón polas razóns polas que un empresario que viña do franquismo, ao chegar a "democracia", decide mudar a un país comunista no que tiña que volver enterderse cun réxime autoritario, lonxe do habitual comportamento dos empresarios galegos daquela época (e desta).
comentado por anónimo 25 de xan, 2016
Como explica a Wikipédia e um outro usuário mais abaixo, ele não "marcha" para Cuba, simplesmente assina um contrato naquele país como poderia tê-lo assinado em qualquer outro. O governo de Cuba oferece um concurso para desenvolver motores diesel e ganha Barreiros.
Hospedado na nube de

...