Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Cal foi o primeiro filme rodado en Galicia?

resolta 3 respostas 146 vistas Cultura

3 Respostas

2
A mellor resposta
O primeiro filme foi rodado na Coruña o 20 de Xuño de 1897, co título do "Enterro do Xeneral Sánchez Bregua", filmado por Joseph Sellier Loup (rebautizado polo réxime franquista como José Sellier), ademáis de ser o primeiro filme rodado en Galicia, considérase a primeira película rodada en España.

O filme non existe, pero si documentación que acredita a sua rodaxe.
respondida por Anxo_Gz (480 puntos) 26 de xan, 2016
1
respondida por Anabelinha (220 puntos) 25 de xan, 2016
0
A primeira pelicula en Galego foi Sempre Xonxa.

A primeira rodada en Galicia, como apunta Anxo, seria "Enterro do Xeneral Sánchez Bregua", na Coruña o 20 de Xuño de 1897. Coa copia destruida.

É seria interesante averiguar cal é a primeira pelicula rodada en Galicia, da que quedan copias da pelicula.
respondida por anónimo 28 de xan, 2016
1comentarios
comentado por anónimo 28 de xan, 2016
Se falamos de filmes sonoros pioneiros em galego feitos fora da Galiza teríamos:

"Acabaram-se os Otários" (Brasil, 1929)

"A Severa" (Portugal, 1930)
Hospedado na nube de

...