Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Descubriuse algunha vez un fósil de dinosauro en Galicia?

resolta 6 respostas 158 vistas Historia

6 Respostas

3
A mellor resposta
Um dos motivos polos quais não se encontram em geral fósseis (nem de dinossauro, nem de homínidos, nem de nada) na Galiza é a composição do solo. A fossilização só é possível em rochas sedimentárias, e o solo galego está formado maioritariamente por rochas magmáticas, especialmente granito. Só nas zonas mais orientais do país, como o Courel, o solo começa a estar composto por rochas calcárias (que são sedimentárias), com o qual se existir algum fóssil haveria que procurar por lá.
respondida por A minha profe de Geologia da ESO 31 de xan, 2016
seleccionada por belay 1 de feb, 2016
2
respondida por anónimo 25 de xan, 2016
-2
Haver, havia até uma espécie endémica, o Fragasaurus.
respondida por anónimo 25 de xan, 2016
1
Creo que non. E a causa é o que lle chaman Tectónica de placas. Galicia perdeu o tempo millóns de anos en comprimir o que lle quedaba á dereita (quen nolo ía dicir) e fomos cedendo material para non gastar en museos. Soa a coña, pero é así.
respondida por Seguro 27 de xan, 2016
1
Non, foi unha broma polos inocetes do Faro de Vigo entre 1993 a 1996. Non recordo cal de eses anos foi, porque meus pais me recordan a cada tanto que participara na broma a unha amiga deles.

Logo o do mamut da Voz de Galicia, non é un dinosaurio como tal é un animal recente. Os dinosaurios morreron fai 66 millons de anos é o mamut naceu fai 3.8 millóns de anos. polo que hai 62.200.000 anos de diferencia
respondida por anónimo 28 de xan, 2016
0
A zona costeira de Asturias entre Xixón e Ribadesella é coñecida como " A Costa dos dinosaurius " . Atoparonse pegadas e abundantes restos de esqueletos de dinosauros e outros
respondida por belay (5,260 puntos) 30 de xan, 2016
editada por belay 1 de feb, 2016
Hospedado na nube de

...