O desemprego non existe , é criado polo propio sistema ao non distribuir riqueza e tecnoloxía de xeito solidario. No futuro, de seguirmos sen reformar o estruturamento económico, só vai ficar máis xente na lameira. A solución xa a ten apuntado Keynes nos anos 30 do pasado século, e non é outra que traballar menos, e repartir as plusvalías da robotización entre a comunidade. É por iso que algúns paises están a plantexar un xornal para quen non desexe luxos superficiais.
Exemplo:
https://twitter.com/jesusmarana/status/741731092974194689
De seguirmos así. ou roer, ou:
1- Facer cotizar os robots por 3 persoas.
2- Reducir xornadas a 20 h. semanais. ( xa acontece, por iso se despide a xente e se contrata por obra)
3- Considerar a quen vive no rural como coidadores do ben común, e pagarlles a eles no canto de a cultivos. (reforma da PAC)
4- Dereito a 3 anos sabáticos por persoa-
5- Aumentar servizos de benestar por mor do envellecemento.
6- Xubilación aos 50 de xeito voluntario.
Todo iso págase co traballo da robótica, e recuperando o gravame dos anos 50 do sec. XX para as empresas, e soltando aquelas que fan dumping social a través da escravatura en paises onde a xente non ten dereitos.
O seu comentario nesta resposta: