Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Que libros sobre a sociolingüística galega me recomendades?

aberta 3 respostas 172 vistas Cultura
Libros sobre a situación do galego, historia, expectativas... Para entender un pouco máis a situación pola que pasa arestora a nosa lingua, vamos. Graciñas :)

3 Respostas

1
Boas!

Pois depende a perspectiva que queiras adoptar. Nunha liña histórica, é ben interesante a "Historia social da lingua galega" de Henrique Monteagudo e tamén a "Lingua galega: normalidade e conflito" do profesor Freixeiro Mato. Estas son as dúas máis salientábeis nesa liña de historia social.

Xa para reflexionar na actualidade hai centos. Para o meu gusto as reflexións máis atinadas son das que fai Xaime Subiela, case sempre en forma de artigo ben de divulgación ben académico. Despois hai outros moitos traballos. Na liña UDC sobre todo os de Pilar García Negro e Goretti Sanmartín. Na liña USC os de Henrique Monteagudo. Na liña USC ecolingüista e agora mesmo tamén reintegracionista, os de Teresa Moure. Tes tamén toda a liña AGAL como Herrero Valeiro, Valentim Fagim ou Celso Cáccamo. E da Universidade de Vigo recomendaría os traballos sobre neofalantes de Fernando Ramallo.

Sen contar as achegas que puideron facer nestes anos máis recentes persoas como Miguel Moreira, Carlos Callón ou, sobre todo na perspectiva rural e do ensino, Valentina Formoso.

Apertas!
respondida por Ghalisiano (890 puntos) 27 de xan, 2016
5comentarios
comentado por anónimo 27 de xan, 2016
Entre todos os autores citados há apenas um sociolinguista. Assim que o melhor é ler as obras dos grandes sociolinguistas internacionais e depois aplicar os seus ensinamentos ao caso galego.
comentado por Ghalisiano (890 puntos) 27 de xan, 2016
Permíteme que cuestione o que dis. A maioría dos citados aí participan de congresos e publicacións de carácter internacional anualmente, como sociolingüistas ou facendo lingüística sociohistórica, como lle prefiras chamar. Especialmente no ámbito portugués, brasileiro e catalán, aínda que tamén ultimamente bastante no norteamericano. Para facer unha aproximación á situación actual do galego hai que ler sobre o galego, non todo o mundo, sen formación lingüística, pode ler referencias internacionais teóricas sobre (socio)lingüística e despois saber aplicalo ao caso galego, porque require de formación específica.
comentado por anónimo 28 de xan, 2016
Publicações em inglês em revistas académicas sérias e peer-reviewed? Acho que temos um e ponto. O resto é amadorismo. Para além de que muito do que se faz carece de rigor por mor de condicionantes políticos.
comentado por Ghalisiano (890 puntos) 28 de xan, 2016
Varios dos citados teñen publicado en revistas académicas serias, indexadas internacionalmente, e son citados en inglés moi habitualmente.
comentado por anónimo 11 de out, 2016
Por curiosidade, cal é de todos os anteriormente nomeados o sociolingüista?
1

Boas,

Non son especialista, pero para darlle un puliño a este Oque  teño dous libros interesantes sobre o tema que  penso que poden engadirse a esa resposta tan completa de  Ghalisiano:

1.(Socio)linguïstica, de L.J.Calvet  : é unha tradución do francés que publicou Laiovento 

2. Un libriño de Freixeiro Mato, tamén en Laiovento, que se titula Lingua galega: normalidade e conflito

E talvez se poderia partir dunha Historia da Lingua como a de Ramón Mariño Paz... Está en Sotelo Blanco.

Saúdo

respondida por anónimo 27 de xan, 2016
0
respondida por anónimo 29 de xan, 2016
Hospedado na nube de

...