Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Cales son as rías baixas? E cantas rías hai en Galicia?

aberta 2 respostas 160 vistas Mar
Hai unha discusión grande sobre se as Rias de Baiona e Aldán son rias ou non. Xa que é o mismo caso para as dúas.

2 Respostas

-2
Alegadamente são 15 rias no total nacional, 10 altas e 5 baixas, ainda há quem diga que são 7 baixas, porque se contam duas ensenadas que podem pertencer à ria de Vigo. Obviamente esta distinção entre altas baixas e meias é totalmente política, sem que exista nenhum acidente geográfico que as divida.

 

Em minha opinião o termo ria é empregado sem muita cautela na GZ, em rigor uma ria deve ser um brazo de bar rodeado de terra, como a ria de Bilbao ou a de Aveiro, mas aqui emprega-se o termo para acidentes que parecem enseadas ou simpesmente baías.
respondida por Brianhabana (2,900 puntos) 2 de feb, 2016
2comentarios
comentado por braisgongar (260 puntos) 2 de feb, 2016
A ria de aldan en todo caso pertencerá a de Pontevedra.
Aveiro é un claro caso de estuario, como doñana ou o delta do ebro.
Cas caracteristicas que contas enton a ria de arousa, non seria unha ria, porque non é unha canle e é moi aberta. Pero a de Aldán si que o é.

Enton hai 13 altas: Eo, Foz, Viviero, Barqueiro, Ortigueira, Cedira, Ferrol, Ares, Betanzos, O burgo (con desmbocadura na bahia da Coruña), Ponteceso, Camariñas e Cee.
e 4 baixas (Muros, Pontevedra, Aldán, Vigo)
comentado por insua (1,440 puntos) 3 de feb, 2016
Contando só as galegas:
As rías altas son: Ortigueira, Barqueiro, Viveiro, Foz e Ribadeo.
As rías centrais ou medias: Ría de Camariñas, Corme e Laxe , Ría do Burgo, Ares e Betanzos, Ferrol, Cedeira.
As rías baixas: Corcubión e Cee, Muros e Noia, Arousa, Pontevedra, Vigo
Nb. As rías e de Ares e de Betanzos son o mesmo sistema de ría.
-1

Unha ría está descrita como un val fluvial que xorde dun proceso de tectónica de placas.  Antes do Paleozoico, determinados choques e expansión de placas formaron vales fluviais costeiros perpendiculares á costa. Mais endiante, quedaron afundidos polas subidas de nivel de mar a escala global. Así que, tralo Paleoceno, velaí as Rías Galegas. 

En Galicia catalóganse tres grupos de Rías, xa que están ben diferenciadas. As Rías Baixas: as que se desenvolveron ao completo (un afundimento e orientación ben marcado), De Fisterra, Golfo Ártabro á Cedeira este afundimento dos vales foi intermedio e deu orixe ás Rías Medias ou Centrais. E de Cedeira ao resto do Cantábrico, as Rías Altas, que afundiron menos e son máis superficiais. Ás veces en xeoloxía, as medias e altas sóense clasificar dentro do mesmo grupo.

Así que, primeiro, en Baiona o que hai é unha "baía", que está no interior da ría de Vigo. A ría sóese delimitar polo cabo Silleiro e Monteferro. A hidrodinámica da baía de Baiona está determinada pola circulación xeral da ría. Tampouco tivo unha orixe tectónica independente.

Segundo, o que se soe chamar Ría de Aldán é unha "enseada" no exterior da Ría de Pontevedra. Nin ten a orientación propia das Rías Baixas (é NNO cando as rías Baixas son NNE-SSO ou NE-SO), nin se produciu independentemente da ría. É froito dunha fracturación perpendicular á fisura principal das ría pontevedresa.

Con isto, a nivel xeomorfolóxico e hidrodinámico (e mesmo nalgúns aspectos, de diversidade biolóxica) non cabe argumento para che lles chamarmos "Rías".

respondida por insua (1,440 puntos) 3 de feb, 2016
2comentarios
comentado por braisgongar (260 puntos) 3 de feb, 2016
1) Que tera que ver a orientación para poder ser considerada unha ria ou non. Eso é un dato que non procede.
O que influe é o tipo de accidente xeografico

2) Hai uns cantos estudios de hidroloxia da ria de vigo na USC.
 Por exemplo este http://www.usc.es/export/sites/default/en/investigacion/grupos/gfnl/documents/thesis/tesis_Montero.pdf na paxina 127, establece un mapa que antes as correntes chegan as cies, e rompen a corrente que cheguen a ria de Baiona.

3) A ria de Baiona, pode ser unha baia, Porque é muito mais aberta e si ten forma de baia. Pero a Ria de Aldan nada difire de calqueira ria alta sexa Cedeira, Ortigueira, etc...
comentado por insua 4 de feb, 2016
1) A orientación dá clave da súa orixe tectónica, e polo tanto, de que tipo de "accidente xeográfico" se está a falar. A orientación tamén dá idea do tipo de augas que rexen o patrón de circulación interior.
2) Igualmente, temos exemplos das entradas pola boca superior da ría de Vigo (por riba das Cies) e a saída pola inferior (por diante de Nigrán e Baiona), e os patróns de deposición de costa que xera este fluxo, os cambios na deposición sedimentaria por diferentes pulsos de entrada... ie. Un exemplo no que se explica e dá un gráfico claro de que Baiona é un estuario é este artigo: "Quaternary evolution of the Ría de Vigo, Spain", García-García et al. 2000.

Sobre de Aldán: arguméntoo mellor. Unha ría defínese como un val de río que foi invadido polo mar (Definición de p.ex Derruau, 1983). Unha das primeiras referencias na literatura científica a "ría" é a do 1886 de Van Richthofen. Dixo que unha ría "designa un corte transversal, que interfire cun relevo preexistente de orixe fluvial". Así que, o que determina claramente a unha ría é a súa orixe tectónica (de acordo coa definición anterior) e que a auga que as cobre sexa totalmente auga salgada, oceánica; e non fluvial. Iso distíngueas dos estuarios (Vilas 2000, 2002; Evans et al. 2003). Senón, léase Méndez et al 2000. Aldán cumpre que ten un fluxo totalmente gobernado polo réxime de correntes costeiras oceánicas. Pero non ten unha orientación transversal ó aporte fluvial principal (Río Lérez): a súa tectónica non foi independente do resto da cunca desa ría. Non cabe dentro da definición anterior de ría. Con isto, opino que é un estuario na parte exterior da ría de Pontevedra.

En "Mapas Geomorfológicos y procesos activos Escala 1-50000 - O Grove 184 (3.10)"  do "Instituto Geológico y Minero de España" (2008) din textualmente "Las Rías Baixas están constituidas, de norte a sur, por las rías de Muros y Noia, Arousa, Pontevedra y Vigo; estas rías presentan una geometría en embudo, con una considerable reducción en anchura y profundidad...". Exclúen polo tanto que Aldán sexa unha ría. Outro exemplo son "Origen y Evolución geomofolóxica de las Rías Atlánticas de Galicia" de Pagés Valcarcos (2000) e "An historical review of the geological studies of the Galician rias." de G. Méndez y D. Rey (2000), que describen a historia do estudo, a morfoloxía das rías e tectónica; e que nunca citan á "Ria de Aldán". Tampouco en "Galicia: rías galegas" (2004) de Turgalicia (xunta.es) a citan como unha ría, cando fan referencia ás Rías Baixas.
Hospedado na nube de

...