Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Por que o eucalipto non medra ben a mais de 400 metros de altura?

resolta 2 respostas 80 vistas Natureza

2 Respostas

3
A mellor resposta
As especies de Eucalyptus que se están a plantar (como E. globulus ou nitens) son especies propias de climas tropicais e temperás pero que se adaptan ao climas de aquí mantendo unhas medras rápidas. Son uns grandes colonizadores, vaia. Mais dependen dunha alta taxa de absorción de auga por día e de haber bos solos onde se poder arraigar ben. Así que... na Galiza a máis de 400 metros 1) xa temos capas de solos pouco profundas e 2) períodos de inverno con moita xiada. Iso é o que non che lles vai ben. O mesmo ca por riba dos 400, nas brañas e nas ribeiras as xiadas das mañáns quéimanlles as follas....

Como nota, especies como E. globulus están presentando altas cantidades de pragas de Mycosphaerella (un fungo) en zonas onde medran ben. Así que con anterior, con que son especies invasoras que só van destinadas a un mercado monopolizado de produción de celulosa, e a que degradan aos pobres solos galegos... é mellor plantar outro tipo de árbores.
respondida por insua (1,440 puntos) 9 de feb, 2016
editada por insua 9 de feb, 2016
1comentarios
preguntado por Vixia (5,410 puntos) 26 de feb, 2016 en Natureza Que significa a mellora xenética do eucalipto?
2
Non creo que sexa unha cuestión da altitude senon da climatoloxía que hai en Galicia aos 400m. Polo que teño preguntado os eucaliptos levan bastante mal o frio. Asi que o eucalipto non medra ben con temperaturas baixas.
respondida por belay (5,180 puntos) 8 de feb, 2016
Hospedado na nube de

...