Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Existe algún outro uso para o eucalipto, que non sexa para pasta de papel?

resolta 5 respostas 135 vistas Natureza

5 Respostas

1
A mellor resposta
Ate há uns anos faziam trabes para bateas. Agora utilizam mais materiais sintéticos.

Também se figeram provas para facer trabes de láminas de eucalipto, mas eram muito custosas.

Houve, que saiva, duas usinas, uma em Ponte-Caldelas e outra em Valga, que desenrolavam eucalipto para fazer chapa. Também o utiliza FINSA para tabuleiros.

As serrerías também o trabalham, mas acho que o material não é o de melhor qualidade.

http://www.clustermadeira.com/pdf/4_propiedades_madera.pdf
respondida por bisbilhotice (2,130 puntos) 11 de mar, 2016
0
Teño ouvido que tamén se usa na cosntrución de bateas.
respondida por anónimo 11 de feb, 2016
0
respondida por anónimo 18 de feb, 2016
1
Segundo me explicou un enxeñeiro forestal, no século XIX utilizáronse Eucalytus para producir travesas dos camiños de ferro. Os bos resultados levaron ao seu cultivo no estado de California, mais non tiveron en conta que se debían curtar exemplares moi vellos (de 100-200 anos) para obter unha madeira estable. Curtaron árbores moi novas, as travesas non se comportaron ben e foi unha ruína. Aínda hoxe a palabra eucalipto lembra aquel fracaso e para comercializalo emprégase o nome "carballo de Tasmania": https://en.m.wikipedia.org/wiki/Tasmanian_oak
respondida por Vixia (5,410 puntos) 22 de mar, 2016
editada por Vixia 22 de mar, 2016
1

Que teña unha facturación relevante, non, en absoluto. A práctica totalidade vai para produción de papelería. Hai unha irrisoria parte que vai para óleos e aceites e noutrora para construción (p.ex como soporte durante a construción). É máis, en carpintería é unha madeira mala de traballar, pouco uniforme e con nós, rompe ó lixarse, ten unha cor roxo-clareada nada destacable: na ebanistería está moi lonxe dos torneados do freixo e bidueiros ou os mobles feito de carballo.

En números, Ence deu cifras de expectativa de venta de 930.000 toneladas para o 2015 . Así é que os prezo do ano pasado estiveron entre 38-56 € con casca, e 46-58 € sen casca. Isto é, hai plantacións de 50 ferrados polas que o madeirista nin chas vai pagar a máis de 1000€, xa que hai que descontar o corte, limpeza etc. A súa saída é nula fora de moído para papelería.

respondida por insua (1,440 puntos) 22 de mar, 2016
Hospedado na nube de

...