Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Por que a TVG se memoriza no número 3?

resolta 4 respostas 150 vistas Cultura
É moi típico memorizar a canle autonómica no número 3, pero.. por que? De onde ven isto?

4 Respostas

1
A mellor resposta
Porque hai moitos anos soamente existían dúas canles en España: La 1 y La 2 de Televisión Española. A seguinte en aparecer na nosa comunidade foi a TVG. Este é o motivo polo cal se sintonizou no número 3. A día de hoxe son moitos os fogares que todavía manteñen este costume.
respondida por David Rial 10 de feb, 2016
seleccionada por Vixia 27 de set, 2016
0
A minha experiencia persoal (i.e. na minha casa) foi como conta david rial. Como agora hai máis emisoras observo que a TVG tamén está aparecendo no 7, por ser o primeiro que non está no nome doutra emisora das autorizadas polo estado espanhol (Antena3, a 4, Tele5, a Sexta...)
respondida por o Flanaghan (1,880 puntos) 10 de feb, 2016
editada por o Flanaghan 10 de feb, 2016
1
Como já dixérom, foi porque à hora de aparecer só havia TVE1 e TVE2, de modo que o número 3 era o natural. Anos depois, ao aparecer Antena 3 e Telecinco, a maioria de casas mantivo a TVG no 3 e colocou Antena 3 no 4 (de facto, na minha casa durante muitos anos se chamou a Antena 3 "a 4"). Depois chegou Canal+ no 6. O caralho foi quando Canal+ se converteu em Cuatro, desquadrando tudo. Na minha casa continuou no 6, mas seica muita gente reorganizou os canais polo nome, deixando a TVG para o final. E já quando chegou LaSexta, pois mais gente reorganizou, deixando a TVG no 7. Na minha casa, porém, mantivo-se a ordem cronológica (e nom por nome) até o "apagom analógico", sendo assim: La1 (1), La2 (2), TVG (3), Antena 3 (4), Telecinco (5), Cuatro (6) e LaSexta (7).

Agora com a TDT já tudo é mais ao chou, mas eu gosto de ter a TVG no 1 e a tvG2 no 2. Fai-me ter a ilusom de que vivo num país normal. :P
respondida por anónimo 11 de feb, 2016
1
Eu téñoa no 1. E a TVG2 no 2.
respondida por Vixia (5,410 puntos) 26 de feb, 2016
1comentarios
comentado por o Flanaghan (1,880 puntos) 26 de feb, 2016
Esta merecía ser escolhida a melhor resposta.
Hospedado na nube de

...