Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Onde podo conseguir a serie completa Sailor Moon en galego?

aberta 1 respostas 644 vistas Cultura
Mirei mil veces en Arquivos da Meiga pero non a teñen, e non sei onde conseguila

1 Resposta

1
Esta pregunta xa foi respondida varias veces n'Os Arquivos da Meiga: de momento, non se pode conseguir de xeito ningún. Para que existise unha montaxe da serie sería preciso que:

- Alguén tivese gravada a serie en VHS, dixitalizase os audios e fixese unha montaxe, ou facilitase os audios á xente d'Os Arquivos da Meiga para que eles a montasen. Aínda non apareceu ningunha persoa que teña a serie gravada.

-Que a TVG reemitise a serie, para que a xente d'Os Arquivos da Meiga gravase e difundise a serie. De momento non hai plans de que se volva emitir no curto nin medio prazo.

- Que a distribuidora sacase unha edición en DVD/Blu-Ray e que chegase a un acordo coa TVG para incluír o audio galego. De momento non hai novas de que vaia haber unha nova edición en DVD, e ultimamente non se están chegando a acordos e están a saír moitas edicións de series que foron emitidas na TVG sen o audio galego.

Entón, a resposta á pregunta "Onde podo conseguir a serie completa Sailor Moon en galego?" é "En ningures". A pregunta interesante é "Alguén ten Sailor Moon en galego gravada en VHS de cando se emitiu?", porque se alguén a ten poderá haber unha montaxe da serie para poder descargar da Internet. :)
respondida por Enmeigado 22 de feb, 2016
Hospedado na nube de

...