Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Que libros hai publicados sobre o imperio Inditex?

aberta 2 respostas 74 vistas Economía

Cal é o mellor deles?

2 Respostas

0
Que buscas exactamente no libro? Quizais interesache mais algo sobre Rosalía Mera en vez de Amancio.
respondida por belay (5,260 puntos) 1 de mar, 2016
4comentarios
comentado por manel (1,460 puntos) 1 de mar, 2016
Máis que nas persoas, estaba interesado en como naceu e medrou o negocio. E cales foron as claves dese éxito.
comentado por doceasubio (1,880 puntos) 23 de mar, 2016
editada por doceasubio 23 de mar, 2016
O negocio era un baixo onde facían mandís nos 60. Alí cosía Rosalía con outras donas e Amancio, ben...  pagador non era.   Externalizan polos bairros proletarios da Coruña, Mallos, Monte Outo, A Agra.. acubillados na falta de formación, o desemprego femenino, a pasividade da administración, a necesidade de subsistir... Logo cara a Costa da Morte progresivamente. Primeiro o cerne son fogares que traballan en negro, co que as donas achegaban algo con moita suor e dor de pernas á economía da casa, xa que non había outra posibilidade para a meirande parte delas. Mais tarde, coma a leiteira do conto, ouven o canto de Amancio para emprender, e van abrochando obradoiros en negro por xalundes, que son o queroseno preciso para o despegue de Zara, que así lle decían daquela.

Algunhas, as menos, de exemplo, legalízanse, asócianse, progresan.. son o resplandor romántico para manter a ilusión na clase de tropa que fica sen apañar talladas de febra. Entregan os fillos da EGB española, para repatir os trapos, que pouco máis eran, pola Coruña, Galiza até Ponferrada.. mercan o primeiro trailer, un Renault de 365 CV, para probar sorte na rambla de Barcelona, e aproveitan as brasas que quedan do téxtil catalán, Terrasa, Manresa, Poblenou para mercar retallada ao barato..

O polígono de Sabón, niño de nespras, confiscado polo réxime de Paco á orde de "¡CIRCULEN COÑO!", onde ficou a casa grande dos avós en troques de 33 sestercios, colabora co grupo outorgando condición favorabeis para a sementeira.  Catalunya dá máis ar do que contaba ninguén, e permite a loucura de ir servir á capital do imperio. Daquela, a roupa era tan mala, que viña tanta de volta coma de ida, mais a necesidade de patrimonio inmaterial do mundo yonky español, é abondo para engordar o rancho diste conto.

O matrimonio, de bandeira, creba coa chegada dos Mercedes Benz á familia. No porto de Barcelona decátanse de onde se poden importar as  teas baratas que afunden o sector e o emprego. tempos de reconversión-modernización, ( aseghún) salvaxe do felipismo,  e deciden ir mercar eles fóra, mais optan por importar vía Algeciras, moito máis barato e doado de corromper.

Quen di mercar teas, di... fabricar, eis o conto. estamos nos 90. Chegan as camisas de seda chinesa a 20 pesos ( 60 céntimos)  postas na alfándega de Algeciras. Engadindo a distribución a Sabón, e de aí, ás tendas, non chegan a cuadruplicar ista cantidade. Véndense por unhas 3000 pesetas ( 18.50 €) .

Os bancos prestan cartos que arrimados á plusvalía permiten a inchazón meteórica. Aínda non están descubertos pola aristocracia madrileña, que non se adica a "cosas de chamarileros", desprezando o negocio, feito que vai permitindo a consolidación dunha empresa galega, dispensando, por unha vez .

Externalízase o transporte, repartindo riscos no caso de creba. Sen cumprir normas de ningún tipo, con dous homes por vehículo, chegan a cada tenda para levar e traer de volta, dúas veces por semana, venres e luns. Empezamos a torta francesa, precisa para mudar o glamour. hai que criar marca. Mércase a tenda de Ópera, a cousa foi demasiado lonxe xa para baixarse. Os que están dentro, bancos e nobres, non se poden baixar polo mono e a vertixe. As nais que cosen,, entregan máis fillos que abandonan os estudos para ir ao xornal e coñecer Europa abrindo tendas en 30 días, 20 días.. onde chegaba a roupa antes de ter parede, ficando se era preciso na beirarúa mesmo. Durmir no chan e xornadas de 20 h. durante meses veteadas con descansos magros, producen a euforia de gañar moito, de 3000 a 5000 €, todo incluido.. sen pagas, sen vacación, sen mans... Repetimos o proceso dos obradoiros.. Só falta coidar de envolver mellor o produto final, abrir en lugares que lle den categoría, salto a Belgique ( France por si mesma, non dá carto ao primeiro, mais cría as pistolas coas que collelos acó)..  

Empezan os rendementos a chamar a atención dos fidalgos casteláns, que tentan facerse co negocio, mais Rosalía non quere, e Amancio... ben.. non che sei .. Se multiplicas isto, e lle sumas a criación de marcas e produtos, chegas ao que hoxe vedes.

Imos polo IKEA.. e por Amazon..  xa veremos o que acontece.
comentado por doceasubio (1,880 puntos) 23 de mar, 2016
En canto á pregunta, xa che digo que ao imperio non lle gustan os libros.. Non sei se me entendes ben.
comentado por manel (1,460 puntos) 23 de mar, 2016
Este comentario merece ser a resposta mais votada. Podes cola-lo como comentario independente?
1

respondida por doceasubio (1,880 puntos) 23 de mar, 2016
Hospedado na nube de

...