Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Como podo galeguizar o meu nome e apelido legalmente?

aberta 1 respostas 256 vistas Sociedade

1 Resposta

1

Como galeguizar o nome?

Se es maior de idade, só tes que solicitar por escrito no Rexistro Civil que che muden o nome polo equivalente en lingua galega. Moitas veces pediranche que presentes unha instancia e, sempre, unha copia literal do teu certificado de nacemento. Nalgúns casos, cada vez menos frecuentes, deberás acreditar a equivalencia entre o teu nome legal e o que solicitas.

Se é un naipelo a quen queres pórlle o nome en galego, abonda con que o inscribas así. Nos últimos anos rexistráronse dous casos puntuais con problemas por este motivo, mais a lei é moi clara sobre este aspecto.

Como restaurar o apelido?

Se es maior de idade, solicítao por escrito presentando unha instancia, unha copia literal do teu certificado de nacemento e o carné de identidade. En determinados casos, deberás presentar un certificado que acredite a forma que corresponde aos teus apelidos oficiais. Os teus fillos e as túas fillas recibirán o teu apelido coa súa forma restaurada.

Información complementaria: http://www.carloscallon.com/2010/07/temos-nomes-propios.html ou a través do teléfono 902 106474 (os días laborables, desde as 8:00 ás 22:00 horas) ou dirixíndose ao enderezo electrónico linhadogalego@amesanl.gal. Non sei se estes datos están actualizados.

respondida por Marcos 11 de abr, 2016
Hospedado na nube de

...