Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Obriga a lei a prestar atención en galego ás empresas ou administración cando a atividade ten lugar na GZ?

aberta 1 respostas 68 vistas Lexislación
Garante a lei os dereitos das persoas que escolhan comunicarse en galego?

Como é posibel esas noticias de que chaman á companhía de telefonía (por exemplo) e lhe dín que lhe falen en castelhano. Ou juizes que non entenden galego...
 
Realmente estamos indefensos legalmente?

1 Resposta

0
Até onde eu sei, as administracións públicas están na obriga de atender en galego segundo a lei de normalización lingüística do ano 1983. Non estou porén tan seguro de que isto sexa así para as empresas privadas, ainda que creo lembrar que tamén é así e é algo que se engadiu á lei posteriormente.

A lei "garante" aos galegos a posibilidade de vivir en galego, mais tódalas administracións se saltan a lei. E por iso estamos forzados a empregar o castelán para os trámites, a non ser que nos pasemos a vida denunciando cada caso.

Estamos indefensos legalmente? Supoño que se os denunciamos, en teoría, deberíamos gañar. Agora ben, a quen denuncias? Ao funcionario que non te atendeu en galego? Á administración que contratou a xente de fora do país e non sabe falar galego? Á xunta por non protexernos? Ao estado Español por non nos ofrecer os mesmos dereitos que aos demais?
respondida por obranco (2,410 puntos) 29 de abr, 2016
2comentarios
comentado por o Flanaghan (1,880 puntos) 30 de abr, 2016
No caso de unha administración é doado porque é a responsavel. Nese caso non hai dúbida de a quen denuncias.

Eu digo empresas privadas. Interésame saber se se pode ter atividade económica na GZ obrigando a gente a pasarse ó espanhol se queren ter trato.
comentado por doceasubio (1,880 puntos) 11 de xuñ, 2016
A  lei non obriga, só recoñece o dereito a usar o galego por parte da colonia, e isto lévanos a Kafka.

Probade pedir un informe médico en galego no SERGAS, a ver que caras, e canto tedes que agardar polo mesmo. Probade pedir o voso contrato do seguro do carro? Probade a escribir a Autos Vázquez, a Amazón, a mandar CV en galego.. #ApartHei!
Hospedado na nube de

...