Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Como se traduciría ao galego a cidade The Hague. Vexo que se usa algo que parece castelán como A Haia.?

resolta 1 respostas 68 vistas Cultura

1 Resposta

1
A mellor resposta

Sen conhecemento previo no eido, fun mirar nas wikipedias galega e portuguesa.

Na galega dinlhe A Haia --> https://gl.wikipedia.org/wiki/A_Haia

Na portuguesa é Haia --> https://pt.wikipedia.org/wiki/Haia

Pero, nunha pesquisa de cinco minutos, observo que en portugués tanto atopas expresións como "em Haia" como "na Haia", incluso na página da wiki tuga sobre Holanda, hai unha instancia do nome na que aparesce como "A Haia".

Unha pesquisa no google por "na Haia" da moitos resultados, dando a entender que é unha forma usada en portugués, ata que atopei esto --> https://ciberduvidas.iscte-iul.pt/consultorio/perguntas/haia/926 amosando que incluso entre falantes de portugués hai dúbidas sobre o tema. Colo a continuación un dado na página ligada a ciberdúbidas, que penso que fai sentido: "Na Holanda, Haia (den Haag) tem artigo (den). Talvez influenciadas por isso, há pessoas que dizem na Haia, Tribunal Internacional da Haia, etc.. ".

respondida por o Flanaghan (1,880 puntos) 17 de abr, 2016
seleccionada por Vixia 27 de set, 2016
Hospedado na nube de

...