Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Porque o nacionalismo galego de dereitas tivo pouco éxito comparado co de esquerdas?

aberta 2 respostas 151 vistas Historia

2 Respostas

0
Na miña opinión iso está directamente relacionado coa "doma e castración" castelá, na que as clases altas foron sustituidas por clases castelás e as baixas permaneceron como galegas. Isto favoreceu que co tempo se asimilase a clase alta (que hoxe en día se asocia máis coa dereita) como externa e a clase baixa ou obreira (que hoxe en día se asocia máis coa esquerda) como galega. Por este feito ten máis forza un "nacionalismo" de esquerdas que de dereitas no noso país.
 
Eu desexaría que houbese un partido de dereitas intrínsicamente galego que non dependese de Madrid. Deste xeito penso que o PP non tería tanta forza eposiblemente sería máis doado chegar a un goberno galego que fose realmente galego, mediante pactos pare certos temas entre a esquerda e a dereita galega.
respondida por obranco (2,410 puntos) 21 de ago, 2016
1
Fraga absorveu nun movemento moi astuto a varios partidos nacionalistas de dereitas con representación que, penso, poderían ter moito de recorrido.

De feito, aínda que soe a gracia, o PPdG se move algunha vez vez máis alá da liña nacionalista:

https://www.youtube.com/watch?v=nwIEh9-Gihg
respondida por anónimo 22 de dec, 2016
1comentarios
comentado por Vixia (5,410 puntos) 8 de mar, 2017
Madia leva! De feito a Xunta e varias grandes empresas de produtos lácteos e distribución levan anos emitindo mensaxes do tipo "nacionalismo banal" (talvez lles acairía máis "autonomismo banal") que se visemos escritos doutro xeito, mudando Galicia por España ou galego por español, nos darían verdadeiros arrepíos. Hai unha base á que lle gustan eses temas identitarios, aínda que teño a sospeita de que é algo máis estético que sentimental, ou que non lles interesa abertamente se non hai diñeiro de por medio.
Hospedado na nube de

...