Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Como se fai compost na casa?

resolta 1 respostas 81 vistas Agro
Que cousas hai que ter en conta para preparar compost para a horta? Vale todo o refugallo orgánico? Como se almacena?

1 Resposta

2
A mellor resposta
Ola! Terás que comezar por montar un composteiro. Neste sitio explícanche un xeito de facelo reutilizando palets --> http://casadoscaracois.blogaliza.org/2015/05/composteiro/
A compostaxe non é só deixar podrecer refugallos, hai que levar un control do proceso para que sexa inodoro e que pasados varios meses obteñas un bo abono, polo que tamén se utilizan follas secas, anacos de pólas, herba, esterco...
Amigos da Terra editou un "Manual básico para facer compost", que tamén está ligado no blog do Proxecto Caracol --> https://duckduckgo.com/?q=Manual+b%C3%A1sico+para+facer+compost
Se che interesa a agricultura sustentable, sen utilización de abonos químicos ou minerais, podes comezar polo "Horticultor Autosuficiente" de John Seymour --> https://duckduckgo.com/?q=horticultor+autosuficiente
respondida por Lernacha 30 de mai, 2015
seleccionada por Vixia 3 de xuñ, 2015
1comentarios
comentado por Vixia (5,410 puntos) 16 de set, 2015
Interesante. Dei con outro libro recomendable feito no país: "Horta ecolóxica na Galiza: Guía práctica para o cultivo", de Xan Pouliquen.
Hospedado na nube de

...