Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Ata onde chega a Galiza polo leste?

aberta 1 respostas 60 vistas Cultura
Son todo o Ibias, Bierzo, Cabreira e Seabra galegos, tal e como aparecen en mapas coma o famoso de Nós-up ou o da Fundaçom Carvalho Calero? E se non fose así, ata onde chegaría, por exemplo, o Bierzo? Na wikipedia menciónase que en Cabañas Raras se deu a revolta irmandiña polo que entendo que chegaría ata aí polo menos.

Evidentemente, non estou preguntando ata onde se fala galego.

1 Resposta

0

O que hoxe recibe o nome de Galiza/Galicia (Comunidade Autónoma de Galicia) ben sabemos que está contornada polos artificiosos límites orientais das provincias de Lugo e Ourense.

 

Antes En lugar de responder esa pregunta tan interesante, como bo galego, tería que preguntar eu outras dúas: ;)

 

-Ata que parte do leste persisten poboacións galegofalantes na actualidade? (E non no tempo de Menéndez Pidal).

 

-Debemos considerar que aló onde se fale galego é Galiza?

 

-Que parroquias ou concellos asturianos, bercianos e seabreses se consideran galegos na actualidade? (E non no tempo dos irmandiños, que hoxendía o idóneo sería que as comunidades políticas se construísen por vontades e non por rancias reclamacións territoriais).

respondida por Vixia (5,410 puntos) 27 de set, 2016
Hospedado na nube de

...