Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Por que a regra é dolorosa?

resolta 1 respostas 90 vistas Saúde
Cal é a causa de que a menstruación veña acompañada de dor?

1 Resposta

1
A mellor resposta

A dor débese ás contraccións que fai o útero para expulsar a regra.

A explicación máis concreta é a seguinte: O útero ten un recubrimento por dentro chamado endometrio, que ao longo do mes vai crecendo e préparándose para a xestación. Se non hai unha fecundación, ao cabo dese mes despréndese e é expulsado, dando orixe ao que se coñece como menstruación ou regra. Mais para poder expulsalo os músculos do útero teñen que contraerse (por eles sós, é algo involuntario), e estas contraccións musculares poden doer máis ou menos dependendo da persoa. Tamén teñen un papel importante as hormonas que provocan as ditas contraccións do útero, as chamadas prostaglandinas, xa que alén de nas contraccións tamén están envolvidas no propio proceso da dor.

P.S: Ollo! O que conto aquí é só para satisfacer a curiosidade, para calquera dúbida particular relacionada coa dor menstrual é preciso consultar coa médica de cabeceira ou coa xinecóloga.

respondida por asmireunhanoites.com 1 de xuñ, 2015
seleccionada por Vixia 1 de xuñ, 2015
Hospedado na nube de

...