Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
O sonar e o rádar inventáronse por imitación dos morcegos ou foi coincidencia?

resolta 2 respostas 42 vistas Tecnoloxía

2 Respostas

2
A mellor resposta

No referente ao RADAR, o funcionamento é distinto a como funciona a ecolocalización nos animais, xa que o primeiro emprega ondas de radio e o segundo emprega ondas sonoras.

A ecolocalización nos animais semella que foi descuberta en 1938.

The term echolocation was coined by Donald Griffin, whose work with Robert Galambos was the first to conclusively demonstrate its existence in bats in 1938

- O termo ecolocalización foi acuñado por Donald Griffin, cuxo traballo con Robert Galambas foi o primeiro en demostrar conclusivamente a súa existencia en morcegos en 1938.

Seguramente teñades ouvido nalgures que as cenouras contribuen moi activamente a mellorar a vista. Pois ben, este concepto foi empregado coma propaganda polo goberno Británico durante a segunda guerra mundial para explicar por qué os seus pilotos eran capaces de ver avións a longas distancias. Seica oficialmente os pilotos británicos desfrutaban dunha dieta abundante en cenouras que lles permitían albiscar ao inimigo mellor ca os demais, e esta progranda chegou até os nosos días.

Na realidade o goberno británico estaba a esconder a invención do RADAR, o cal emprega o efecto Doppler nas ondas de radio rebotadas para estimar a distancia. O primeiro experimento existoso desta tecnoloxía foi acadado en 1935:

Reflection of radio signals was critical to the proposed technique, and the Air Ministry asked if this could be proven. To test this, Wilkins set up receiving equipment in a field near Upper Stowe, Northamptonshire. On February 26, 1935, a Handley Page Heyford bomber flew along a path between the receiving station and the transmitting towers of a BBC shortwave station in nearby Daventry. The aircraft reflected the 6 MHz (49 m) BBC signal, and this was readily detected by Arnold "Skip" Wilkins using Doppler-beat interference at ranges up to 8 mi (13 km).

- A reflexión de sinais de radio era crítica para a técnica proposta e o Ministerio do Ar solicitou se isto podería ser probado. Para a proba, Wilkins configurou equipamento de recepción nun campo perto de Upper Stowe, Northamptonshire. O 26 de Febreiro de 1935, un bombardeiro Handley Page Heyford voou ao longo dunha rota entrea estación de recepción e as torres transmisoras de onda curta dunha estación de radio da BBC situada perto de Daventry. O avión reflictiu o sinal da BBC de 6MHz (49m) e isto foi detectado por Arnold "Skip" Wilkins empregando a interfarencia de pulso-Doppler en rangos de de até 13 km.

Polo tanto semella que se demostrou antes o funcionamento do RADAR que a ecolocalización dos morcegos.

En canto ao sonar, este sí que emprega onda sonoras, aínda que polo medio acuático. A súa aplicación remontase moito máis atrás, chegando a ter sido aplicado o seu fundamento científico polo mesmísimo Leonardo Da Vinci a finais do século XV. Polo que tamén precede á demostración da ecolocalización animal.

respondida por obranco (2,410 puntos) 29 de out, 2016
seleccionada por bisbilhotice 7 de nov, 2016
1
respondida por anónimo 25 de out, 2016
Hospedado na nube de

...