Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Realmente existe o Samaín como tradición galega?

resolta 2 respostas 130 vistas Cultura
Levo anos preguntándome se realmente o Samaín é unha tradición galega ou unha invención contemporánea. Teño preguntado a xente e buscado información e sempre atopo versións distintas. Uns dín que sí, que o Samaín é unha tradición celta de culto aos mortos e que cando eles eran pequenos hai 50 anos xa se coñecía a festa como tal. Outros dín que non, que é unha invención moderna e que a tradición real de orixe celta de culto aos mortos é o Magosto. Gostaría de escoitar outras opinións o poder ter acceso a algunhas referencias históricas.

2 Respostas

1
A mellor resposta
O primeiro estudo documentado http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=106 diz que sim existía essa tradição.

Na minha opinião não é improvavel que samain e magusto sejam formas diferentes de celebrar o día dos mortos, a fim do tempo das colheitas e a entrada do inverno
respondida por bisbilhotice (2,130 puntos) 15 de nov, 2016
seleccionada por obranco 21 de nov, 2016
0
Hai 100 anos os galegos xa facían caliveras das cabazas, a festa do outono que existe en toda Europa con distintos nomes, e mesmo hai sitios onde daquela xa ían os rapaces pedir polas portas aínda que non dixesen 'trick or treat'.
O Magosto, Santos Defuntos, o que agora chaman Samaín (nome irlandés, non usado en Galiza hai un século), e o Halloween, todas son festividades que beben da mesma fonte.
https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Samaín
respondida por anónimo 16 de nov, 2016
Hospedado na nube de

...