Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Cal é a vía máis sinxela para aprender portugués sendo galego?

aberta 5 respostas 90 vistas Língua
Pois iso, algún consello?

5 Respostas

2
Saber galego. Ter nascido na Galiza nom implica que se tenha adquirida essa capacidade.
respondida por Suso 22 de dec, 2016
0
Sen dúbida algunha primeiro saber galego, galego de verdade sen palabras castelanizadas. E non me refiro a escapar do galego normativo sequera (normativo é tanto seguranza como seguridade).

Logo todo é afacerse a escoitar portugues. Os documentais en portugues adoitan estar moi ben pronunciados e son de doado entendemento.
respondida por obranco (2,410 puntos) 28 de dec, 2016
0
Viaxar a Portugal con frecuencia, ligar radios e televisións, ler prensa e literatura, ver vídeos e filmes, consultar con frecuencia os dicionarios e facer amizades no país. Como farías con calquera outra lingua, mais partindo con vantaxe pola proximidade cultural e xeográfica.

Isto, que antes implicaba un esforzo expreso, hoxe coa internet está ao alcance de calquera. Por outro lado, nos últimos anos medrou considerablemente a produción escrita en portugués na Galiza (irradiada pola AGAL e outros grupos), o que en moitos casos é práctico para se afacer á súa leitura.

Está sempre a vía académico-institucional (centros de ensino de linguas). Apréndese portugués nas EOI e, por suposto, no Instituto Camões, onde podes acreditar o teu nivel.
respondida por Vixia (5,410 puntos) 8 de mar
editada por Vixia 8 de mar
0

Tamén está o Duolingo, que ten cursos partindo do castelán ou inglés.

respondida por Xurelo 23 de mar
0
Escola oficial de idiomas e literatura e audiovisuais. Todos os galegos deveria-mos saber português, é a forma internacional do galego
respondida por Xabi (190 puntos) 30 de mar
Hospedado na nube de

...