Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Como é a pronuncia correcta de non+o?

aberta 3 respostas 146 vistas Língua

Boas! Eu falo como no punto 2, pero non sei se é falado ben.

  1. "Nono sei".
  2. "Nonho sei".

3 Respostas

0
A primeira e escreve-se "nono" em galego RAG e "nom o" em reintegrado
respondida por Xabi (190 puntos) 30 de mar, 2017
0
https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/Catro_normas_para_falar_e_escribir#O_.22n.22_velar

Aí di que a forma correcta é a primeira, co n nasal. Segundo iso, eu levo toda a vida pronunciándoo mal, co n velar, igual que cando digo "non" a secas. Iso si, escríbese separado: "Non o sei".
respondida por Javi 20 de nov, 2017
1comentarios
comentado por María 21 de mar
Boa pregunta!

Eu utilizo a variante co n nasal, e sempre o teño escoitado así en falantes antigos e monolingües en galego, pero quizáis varíe segundo varios factores: o núcleo (rural/ urbán) a xeografía (oriental/central/occidental) o sexo, a idade, quen sabe!!! habería que preguntarlle aos filólogos
0
"No-no". De feito, noutras épocas pondalianas escribíase así. Tamén é sempre nasal alveolar tras tamén, quen, ninguén, alguén, sen, nin e algunhas outras palabras máis.
respondida por sobreira 4 de mar
Hospedado na nube de

...