Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Nos casos como o de Moncho Reboiras, por que non hai versiao contada polos policías ou gardas civís que participaran?

aberta 2 respostas 165 vistas Historia
Sempre me chamou a atención que moitos deses feitos tiveron que ser presenciados por decenas de persoas. Mais ninguén abre a boca e como máximo podes ver as dramáticas declaracións dún que non estaba alí pero que nao mirou ben e tal. Non hai xeito de saber cuais membros das forzas de seguridade / militares participaran en cuais feitos?

E que escoito moito relato sobre as vítimas mais non hai ún que diga "o meu avó contoume que o mandaran ir por fulano de tal e unha vez que o agarraran ja o mataran ahí mesmo por orde do responsable do couso".

2 Respostas

0
Non lle sei a resposta certa. Talvez unha destas?

a) Ninguén lles preguntou?

b) Non quixeron falar.

c) É tarde... morreron.

Dígollo porque cando presentaron o filme sobre O Piloto preguntei o mesmo, o que pasaba coa versión dos que o mataron. A resposta foi "c": non incluíron a versión dos gardas porque xa non podían falar.

Para ese caso chegouse tarde, mais existe un bo exemplo no que puxeran a falar guerrilleiros con gardas civís, “El movimiento guerrillero en Galicia-León – El maquis en Galicia” --> http://videotecaalternativa.net/el-movimiento-guerrillero-en-galicia-leon-el-maquis-en-galicia (non se asuste coa toponimia dese texto... :-S )

Sobre o Moncho Reboiras, tendo en conta que os feitos son moito máis próximos no tempo, estráñame que non exista ese relato.

a, b ou c?
respondida por Vixia (5,410 puntos) 9 de xuñ, 2015
-1
Sim houve, a publicada pelos meios na altura, que era a informação policial pura
respondida por Helena 13 de xuñ, 2015
Hospedado na nube de

...