Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Por que razón na Galiza os nomes de negocios levan apóstrofo?

resolta 2 respostas 282 vistas Cultura
Sempre me preguntei por que hai tantos establecementos, principalmente negocios de comida e bebida, que usan o apóstrofo despois do artigo (exemplo: "Bar A' Lareira").

Esta é unha pregunta tripla:

1) Que utilidade ten o apóstrofo despois do artigo?

2) Por que o apóstrofo despois do artigo só se usa nos nomes de negocios?

3) Cando comezou a "moda" do apóstrofo despois do artigo?

2 Respostas

2
A mellor resposta
Non ten nada que ver con aproximacións simbólicas ao O´ típico dos apelidos irlandeses. Foi ao revés: algúns escritores galegos fixeron notar nos oitenta, con ironía, a coincidencia entre os patronímicos irlandeses e os carteis dos bares galegos, pero esa tradición vén de moi atrás e non é fácil establecer nin como, nin onde nin cando comezou; só certificar que sobre todo na década dos setenta era raro o bar que tivese nome galego e non puxese apóstrofe despois do artigo, sobre todo no masculino. Cómpre ter en conta que a escrita en galego continuaba sendo bastante caótica (non había norma propiamente dita) e moito máis aínda cando os falantes intentaban formalizar a fala escribindo un cartel anunciador, dado que ningún deles posuía formación académica en galego (estaba daquela prohibido).
respondida por Mirna 23 de xan, 2016
seleccionada por Vixia 29 de xan, 2016
1

Algúns apelidos irlandeses ou escoceses conteñen un prefixo diante do apelido. O prefixo O' (ou a forma máis antiga 'Ua') era usada para facer referencia á descendencia significando "'neto ou descendente de". Así temos que Kieran O'Conor era o neto ou descendente de Conor. No caso de Mac o significado é "fillo de".

O uso do apóstrofe nos nomes de negocio en galicia é unha moda de influencia irlandesa e o seu uso é puramente estético ou por descoñecemento da normativa oficial de galego.

Segundo a normativa no galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo (‘), aínda que se admite o seu uso cando se pretende reproducir fielmente a prosodia do galego oral ou dialectal: n’é verdade, n’o fixen, ont’a noite.

Poderá usarse tamén na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións de ou en: o argumento d’A Esmorga; iso está n’Os Eoas.

respondida por anónimo 23 de xan, 2016
Hospedado na nube de

...