Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Por cales grupos estaba formado o BNG antes da súa escisión?

resolta 2 respostas 217 vistas Historia
Que partidos, grupos ou correntes formaban o Bloque Nacionalista Galego antes da súa división en BNG, Anova Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia?

2 Respostas

0
A mellor resposta

Na Assembleia de Ámio conformarom-se quatro polos que aglutinavam as diferentes correntes, coletivos e partidos organizados:

-Alternativa pola Unidade (ApU), conformado fundamentalmente pola UPG mais militáncia independente afim.

-Movemento Galego ao Socialismo (MGS)

-Encontro Irmandiño (EI), que se cindiria depois da Assembleia Nacional dando lugar a Anova-IN. Previamente integrara-se no EI a militáncia do Colectivo Socialista, corrente do BNG já dissolta.

-Máis Galiza (+G), onde estavam integrados outros partidos e correntes hoje já dissoltos, como Partido Nacionalista Galego - Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista (EN), Inzar ou Espazo Socialista Galego (ESG). Depois da A.N., a maioria de +G cindiu-se do BNG e daria lugar a Compromiso por Galicia (CxG), ficando o setor minoritário com o nome de Abrente - Esquerda Democrática Galega, colectivo integrado no BNG.

Os dous últimos polos participarom coaligados na Assembleia de Ámio, com candidaturas e documentos conjuntos, ainda que posteriormente seguissem caminhos divergentes.

respondida por anónimo 20 de xul, 2015
seleccionada por Vixia 20 de xul, 2015
0

Se non me falla a memoria as correntes existentes eran:

  • +Galiza que deu na sua saida do BNG a Compromiso por Galicia. Non toda a militancia de +Galiza marchou e formaron dentro do BNG un grupo chamado Abrente Esquerda Democrática.
  • Encontro Irnmandiño (EI) que deu na súa saida do BNG a  Anova Irnmandade Nacionalista
  • Movemento Galego ao Socialismo (MGS)
    • Unión do Pobo Galego (UPG)
respondida por belay (5,260 puntos) 4 de xul, 2015
2comentarios
comentado por Vixia (5,410 puntos) 5 de xul, 2015
editada por Vixia 5 de xul, 2015
Sóame que estaba formado por aínda máis pequenos partidos, grupos e grupúsculos de espectro ideolóxico amplo, daí o de ser considerado unha formación frontista (máis unha masa de afiliados non adscritos). Quen o lembra?
comentado por belay (5,260 puntos) 5 de xul, 2015
Ese era o estado antes da asamblea de Amio. Ainda asi internamente existiron:
- Inzar
- Colectivo Socialista
- Unidade Galega (Camilo Nogueira)
- Esquerda Nacionalista
- Primeira Liña, abandonou no 1996 o BNG para formar NOS-UP.
- Espazo Socialista Galego
Hospedado na nube de

...