Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

1
Cal é o límite da pesca de altura e a de baixura?

resolta 1 respostas 129 vistas Mar
Onde está a fronteira entre a baixura e a altura? Onde comeza a baixura? Onde remata a altura?

1 Resposta

2
A mellor resposta
O concepto é un pouco difuso e depende da zona e como o analices. Tradicionalmente a pesca de baixura era aquela que na mesma xornada de traballo ias e volvias ao porto, tamén consideran pesca de baixura aquela que se fai nas primeiras 60 millas do litoral.

Cal é a pesca de altura? Pois a que non é a de baixura :P
respondida por belay (5,260 puntos) 4 de xul, 2015
seleccionada por belay 29 de ago, 2015
4comentarios
comentado por Jorganes (550 puntos) 28 de ago, 2015
No Real Decreto 963/2013, polo que se fixan as tripulacións mínimas de seguridade dos buques de pesca, distínguense a «pesca artesanal», a «pesca costeira artesanal e de baixura», a «pesca de altura» e a «pesca de gran altura».
«Pesca artesanal» é a actividade pesqueira realizada con embarcacións de ata 12 metros de eslora.
«Pesca costeira artesanal e de baixura» é  aquela practicada por embarcacións que regresan a porto diariamente e antes de 24 horas.
«Pesca de altura» é a que se realiza con mareas de duración inferior a tres semanas e superior a vintecatro horas.
«Pesca de gran altura» É a que se realiza con mareas de duración superior a tres semanas.
comentado por belay (5,260 puntos) 28 de ago, 2015
Máis preciso ainda que so aplica a Galiza.
comentado por Jorganes (550 puntos) 28 de ago, 2015
O Real Decreto é de aplicación tamén en Galiza. A pesca (salvo a de augas interiores) é competencia do Estado
comentado por Jorganes (550 puntos) 28 de ago, 2015
Ademais creo que a túa resposta é correcta. Eu só matizaba un pouco máis os termos.
Hospedado na nube de

...