Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

0
Por que hai mellor marisco nos meses con R?

resolta 2 respostas 254 vistas Mar
Témolo ouvido moitas veces, o mellor marisco cómese nos meses con R mais, cal é a base biolóxica dese consello popular? E, por falar niso, vale para todo o marisco ou é só para unhas especies determinadas?

2 Respostas

0
A mellor resposta
Segundo teño escoitado, o motivo é que a meirande parte dos mariscos teñen o seu ciclo reproductivo nos meses sen R; período no que se quedan máis brandos e flacos (polo esforzo).

Non obstante iso non se debe considerar unha norma inamovible, xa que depende do ciclo reproductivo das especies, non todas o fan nos mesmos meses, e hainas que están mellor en meses sen R (mexillóns, longueiróns, navallas, ostras, percebes...)
respondida por Anxo Sánchez 25 de xan, 2016
seleccionada por Vixia 29 de xan, 2016
0
Eu escoitara ese dito para o polbo: "O polbo sae máis bo nos meses con R". Se te das conta, os meses con R son os meses de frío, os de verán non o levan (maio, xuño, xullo, agosto). Así que podemos extrapolar que ou ben a mellor época para pescalos é a de inverno ou ben é que non entra ben no corpo un polbo á feira no calor de xullo ;)
respondida por Coitada 23 de xan, 2016
Hospedado na nube de

...