Tes preguntas? Nós temos as respostas.

Fai a tua pregunta:

Código de Conducta



Benvido a oQue.gal! Esta web está pensada para que os usuarios podan ter respostadas as súas dúbidas sobre algún tema en concreto. Para aproveitar mellor a web, rogámosvos a todos os usuarios que vos tratedes con cortesía e respeto mutuo. Por iso, pedimosvos tamén manterdes un comportamento civilizado, sempre que queirades participar participar nesta comunidade.

As directrices e normas especificadas nesta páxina explicar o comportamento que queremos ver en todos os participantes no foro. É importante resaltar que as regras aquí especificadas non son exhaustivas e non poden incluír todo tipo de comportamento ofensivo, que nunca será tolerado. Polo tanto, os moderadores de oQue.gal terán plena capacidade para mediar calquera comportamento que entederen ofensivo.

Nós os administradores reservámonos o dereito de avaliar cada incidente nunha base caso a caso.

Normas básicas para todos os usuarios:

  • Os usuarios non menospreciarán os gostos e/ou opinións dos outros usuarios. Extendemos este ponto explícitamente ao tema da escolla de grafía da língua. Os insultos, faltas de respeto, etc.. están totalmente fóra de lugar nesta comunidade.
  • O idioma do foro é o galego, en calquera das normas que se empregan na actualidade. Admítense aportacións noutras línguas, mais os moderadores terán dereito de traducilas ou eliminalas a vontade.
  • Todos os usuarios teñen dereito a apontar grallas ou falta ortográficas nun contido doutro usuario, con excepción de que esa gralla se deba a unha escolla ortográfica.
  • Calquera contido fóra da lei será automáticamente excluido, sen perxuizo das accións legais ou actuacións policiais que procedan.
  • Os usuarios teñen dereito a reclamar ante os administradores da web, mais éstes resérvanse o dereito a actuaren segundo o seu própio criterio.
  • Os contidos da web son de dominio público e os autores non teñen dereito ningún sobre as súas aportacións . Queda excluída a reclamación de dereitos de autor sobre contidos propios expostos na web.
  • Os contidos que sexan citacións deberán citar o autor, obra e data, excepto nos casos nos que ese dato sexa descoñecido.
  • Os moderadores poden fechar fios nos que aparezan flames ou división de bandos que excedan o tema da pregunta.
  • Os moderadores poden apagar ou alterar contido cando identifiquen hacking ou impliquen un esforzo tecnico ou de recursos do sistema.


Atentamente, o equipo de oQue.gal.
Hospedado na nube de

...