Por Que?
OQue.GAL é un proxecto sen ánimo de lucro da Asociación Cultural Chuza! que pretende ser un sítio de preguntas e respostas colaborativo no que todo o mundo pode colaborar e participar. Está aberto a todas as normas existentes do galego, sen exclusión. Un grupo de moderadores administra os contidos e resérvase o dereito a eliminalos se o consideran oportuno. OQue.GAL non se fai responsável das opinións nin dos contidos dos seus usuarios e acóllese á lexislación vixente nese aspecto.
Como contribuir
Na web precisamos tanto moderadores como xente que supervise os contidos, ademáis de usuarios que fagan aportacións de calidade.
Existe unha lista de correo para a xente que queira participar no desenvolvimento e/ou xestión da web, no grupo de google: https://groups.google.com/forum/#!forum/oque
Desde un ponto de vista técnico, contribuindo ao software Question2Answer, contribúese tamén a esta web. É vontade da equipa técnica manter a web o máis fiel posíbel ao proxecto orixinal, en beneficio tanto do proxecto como de oQue.
Agradecemento
Entre outras persoas, participaron na posta en marcha deste proxecto: Filipe Diez, Pablo Belay, Estevo, Miguel Rozados, Jacobo Fernandez, o_pArAsiTo, Manel Vilar e outros moitos.
Contacto
Se queres contactar con nós, podes enviar un email a chuza.gl@gmail.com.
Grazas e esperamos que gostes da web e colabores con nós.